Fiestas en Rías Baixas

Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023

A crise da COVID-19 puxo de manifesto que cada certo tempo prodúcense acontecementos que sacoden a sociedade e cambian o paradigma no que vivimos. O tempo ensínanos que todas as crises acaban pasando e que outras novas acontecerán. Con todo, unha das principais claves que se pode aprender destas situacións é que o impacto é inversamente proporcional ao liderado exercido para lidar con elas.

É o momento de sumar perspectivas, coñecementos e talentos para construír un novo turismo, máis forte, máis resiliente, máis sustentable e beneficioso para todos. Por iso, a Deputación de Pontevedra desenvolveu o Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2021-2023 co propósito de arroxar luz para comprender a situación actual e comezar a modelar o novo futuro para o turismo na provincia. 
Este Plan estratéxico proxecta a posición competitiva de Rías Baixas no mercado cunha mirada a medio prazo, fixando prioridades, obxectivos e estratexias que contribúen a facer do turismo unha industria capaz de dinamizar as economías locais xerando oportunidades e beneficios para todas e todos de maneira inclusiva e sustentable.

 
Pulse sobre a imaxe para descargar
Plan Estratéxico de Turismo 2021-2023.

O obxectivo perseguido con esta folla de ruta é definir a estratexia a seguir para consolidar Rías Baixas coma un territorio turístico intelixente, aliñado coa Norma UNE 178501 “Sistema de xestión dos destinos turísticos intelixentes. Requisitos” e a Axenda 2030 de Nacións Unidas. Ademais, o documento establece un sistema de medición para orientar a acción do departamento de Turismo da Deputación de Pontevedra e coordinar cos diferentes departamentos da mesma.

Estamos convencidos de que xuntos podemos darlle unha mellor resposta a esta crise para o sector, sumando o coñecemento de todas e todos para provocar un impacto positivo na construción do novo turismo.

Pode descargar o Plan estratéxico de turismo Rías Baixas 2021-2023 a través da seguinte ligazón: