Rías Baixas Fest
Un circuíto de festivais que ofrece música, gastronomía e lecer en paisaxes extraordinarias
Rías Baixas Fest Pontevedra Provincia é unha marca creada pola Deputación de Pontevedra para impulsar e promover un circuíto de festivais de música que achegan, xunto cunha oferta musical de calidade, experiencias turísticas que contribúen a situar a Rías Baixas-Pontevedra Provincia como un gran destino cultural e de lecer.
Actualmente, a marca agrupa cinco grandes festivais celebrados en distintos puntos da provincia de Pontevedra: PortAmérica (en Portas), Sinsal Son Estrella Galicia (illa de San Simón, Redondela), SonRías Baixas (Bueu), Atlantic Fest e Revenidas (ambos en Vilagarcía de Arousa).