Casas de Manuel Bárcena Franco
De estilo arquitectónico ecléctico, foi proxectado por Jenaro de la Fuente Domínguez.
Biblioteca Pública de Vigo
A Biblioteca Pública de Vigo, coñecida como Biblioteca Central, foi creada por orde do Ministerio de Educación Nacional en 1942. Co paso dos anos, finalmente estableceuse na rúa Romil.
Monumento aos cantores, poetas e trobadores
Grupo escultórico de Xaime Quesada Porto, elaborado en bronce de cor Pompeia, que representa unha ninfa sentada sobre un dragón.
Monumento a Laxeiro
Obra de Xurxo Vázquez, trátase un busto do pintor vigués, quen conta cun museo propio na Casa das Artes.
Monumento a Elduayen
O pedestal, obra de Jenaro de la Fuente, é de estilo neogrego e consta dun zócolo cuadrangular en chanzos con catro dados nos vértices...
Monumento aos heroes da Reconquista
Trátase dunha obra do escultor Julio González Pola. Nela obsérvase a figura dun mariñeiro derrubando cunha machada a porta de Gamboa.
Pérgola de Bouzas
O conxunto foi deseñado por Jenaro de la Fuente para a praza de Portugal. É de pedra envellecida e sitúase nuns xardíns próximos á igrexa de San Miguel de Bouzas.
Monumento ao empuxe vigués
Este monumento en pedra, obra de Camilo Nogueira, está situado no parque do Castro, e representa unha barca que avanza e na que tres atletas levantan o escudo de Vigo.