Este conxunto escultórico, tamén chamado Monumento aos galeóns de Rande ou As áncoras, está composto por tres áncoras das decenas de navíos que se afundiron na ría de Vigo durante a batalla de Rande de 1702.
Este edificio foi construído entre 1907 e 1911 para albergar a casa comercial Viuda e Hijos de Simeón García, con vivendas nos pisos superiores, ás que se accedía polas fachadas laterais.
Este edificio ten un estilo ecléctico cunha clara influencia francesa, destacada pola mansarda na parte superior, a cal está adornada con pequenas xanelas que teñen frontóns curvos e volutas nos laterais.
Foi edificado no século xvii para protexer a cidade de Vigo dos ataques dos piratas ingleses, que estaban aliados cos portugueses durante a Guerra da Restauración de Portugal.