Ir o contido principal
INSPÍRATE

Pobos con encanto á beira do mar

Coñece o carácter, a historia e a arquitectura das localidades e barrios de pescadores

A provincia de Pontevedra está intimamente ligada ao mar e o seu extenso litoral sérvelle de refuxio a un bo número de localidades, pobos e barrios que souberon conservar intacta a súa esencia e manter vivas as súas tradicións vinculadas á pesca e á salgadeira. As súas construcións tipicamente mariñeiras, o carácter das súas veciñas e veciños, e unha exquisita gastronomía baseada en produtos procedentes das nosas rías son a súa inmellorable carta de presentación.

A Guarda, Baiona, Bouzas, Combarro ou A Illa de Arousa son só algúns dos fermosos recunchos nos que poderás coñecer as múltiples denominacións que as súas poboadoras e poboadores utilizan para referirse ás embarcacións tradicionais coas que saen a faenar, coñecer o bulicio das súas prazas de abastos e mercados, e mesmo compartir unha xornada de traballo coas mariscadoras que extraen os excelentes moluscos das costas das Rías Baixas.

Estes enclaves mariñeiros foron o motor do desenvolvemento económico e social da provincia e acolleron unha florecente industria conserveira e de salgadeira, cuxos vestixios poderás descubrir nun apaixonante percorrido polo litoral pontevedrés á vez que degustas algúns dos excelentes manxares procedentes das fértiles augas das Rías Baixas.

villas-marineras
villas-marineras
Desplegable