Ir o contido principal

Iglesia de San Pedro de Crecente

Máis información sobre
Crecente

Plaza Ana Pastor
36420 Crecente Pontevedra
España

Antiga colexiata construída sobre as ruinas dun mosteiro templario, desaparecido no ano 1313, trala supresión da Orde do Temple no Concilio de Vienne (1311-1312). Esta colexiata esta composta por un abade, cinco racioneiros e un sacristán-sacerdote, e contaban cunha ampla xurisdicción territorial. Dita igrexa parroquial data do século XIV, enmarcándose na transición románico-gótica. Presenta unh ampla nave rectangular con cuberta de madeira e presbiterio tamén rectangular que se cubre con bóveda apuntada. No interior da igrexa, baixo o arco románico-gótico decorado con rosetas e figuras que da acceso á actual sacristía, consérvase o sepulcro en pedra dun noble, cuia taia presenta un home con bigote vestindo o hábito franciscano, o que indica a súa pertencia á Orde III de San Francisco. Referente a iso, cabe dicir que nun lateral exterior da igrexa, atópase adosado un escudo que probablemente esté relacionado cun este noble que sería o que ordeou construir a igrexa. Nos anos vinte do século pasado, a pranta pasou a ser de cruz latina debido á construcción de capelas laterais. Tamén se construiu o actual campanario, existindo con anterioridade a torre do mosteiro que foi derribada debido o seu distanciamento coa igrexa. É reseñable a ventá do muro oriental da cabeceira con arquivolta oxival e columniñas
Máis información sobre
Crecente
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Corpo responsable
Diócesis de Tui-Vigo
Estado conservación
Ben