Ir o contido principal

Peto de ánimas y cruceiro de Francisco Mos

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Poio

Avda. Sineiro, 2, San Salvador
36163 Poio Pontevedra
España

Teléfono
Peto de ánimas de estilo neoclásico formado por unha caixa alintelada sobre o que se ergue un frontón valeiro. A ámbalas dúas beiras do oco temos dous pequeno piares con remates moldurados. No interior do oco, pechado por unha enreixado de ferro, temos dous relevos. No superior, inscrito nun medallón ovalado, temos a representación do ‘Padre Eterno’, bendicindo coa man dereita, acompañado por dous querubíns. No marco do medallón podemos ler o seguinte epígrafe: GLORIA · HIZOSE ESTA OBRA A ESPENSAS EL CURA DON FRANCISCO MOS · AÑO DE 1861 (Gloria · fíxose esta obra a expensas do Cura Don Francisco Mos · Ano de 1861) O relevo inferior está inscrito dentro dun marco rectangular coas esquinas superiores cóncavas, onde podemos ver cinco ánimas, unha con mitra, ardendo nas lapas do purgatorio. No marco do relevo podemos mirar o seguinte epígrafe: ACORDAROS HERMANOS DELAS BENDITAS ANIMAS DEL PURGATORIO (lembrádevos, irmáns, das benditas ánimas do purgatorio) Ámbolos dous relevos están policromados inda que con ‘lagunas’ e perda da cor polo ennegrecemento causado pola polución dos vehículo que pasar a cotío pola estrada a carón. Detrás do peto, temos un cruceiro cunha plataforma cun chanzo elevado, baseamento baixo, de arestas superiores rebaixadas e varal uniforme con arestas acanaladas. O capitel non segue as formas usuais. Ten o perímetro case igual ao varal, amosa collarino, follas vexetais e unha flor no centro de cada faceta, a non ser baixo o Cristo no que vemos unha caveira sobre dúas tibias inda que non ten as características volutas angulares características desta zona. Sobre o capitel temos unha cruz latina sinxela que amosa viso dunha ruptura anterior no pau superior. No anverso, Cristo crucificado baixo cartela de INRI e coa cabeza inclinada, case horizontal, cara adiante. No reverso a Virxe na súa advocación da quinta angustia sostén o corpo Cristo no seu colo
Máis información sobre
Poio
Valora este recurso

O tempo nesta zona

Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Siglo XIX
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben