Ir o contido principal

Cruceiro del baldaquino de A Franqueira

Ciudad máis próxima:

Vigo

Máis información sobre
A Cañiza

A Franqueira (Santa María)
A Cañiza Pontevedra
España

Cruceiro situado baixo unha estrutura a xeito de baldaquino. O cruceiro, de recente factura (ano 2011), nace sobre un chanzo cadrado coas arestas rebaixadas. A súa base, co mesmo formato, posúe unha inscrición co nome do construtor e a data de feitura. O seu varal comeza en sección cadrada para seguir en octogonal. Na súa parte media vemos unha imaxe da Virxe co Neno no colo. O capitel, decorado con follas e volutas, soporta unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas sobre peaña no reverso. O baldaquino está feito a base de cadeirado granítico. Nos seus catro lados podemos ver arcos de medio punto. O conxunto remata nunha cuberta con forma de cúpula e cruz pétrea no cume. Esta construción, do ano 1953, se realizou co gallo da coroación da imaxe da Franqueira segundo reza unha placa de mármore
Máis información sobre
A Cañiza
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Cronoloxía
Siglo XX
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben