Fiestas en Rías Baixas

Pontevedra Provincia Film Commission

Provincia de Pontevedra Film Commission é un servizo público e gratuíto da Deputación de Pontevedra xestionado por Turismo Rías Baixas cuxo obxectivo principal é promover a provincia de Pontevedra como destino de rodaxes, proxectos audiovisuais e cinematográficos, así como incrementar o posicionamento da súa imaxe de marca a nivel nacional e internacional e o seu crecemento económico.

Con este servizo preténdese asesorar e apoiar a todas as empresas e profesionais nacionais e internacionais do sector audiovisual que queiran rodar na provincia de Pontevedra. Desta maneira, promóvense e facilítanse as rodaxes neste destino e a internacionalización deste. A Provincia de Pontevedra Film Commission facilita a xestión de todos os trámites e necesidades de empresas e actividades relacionadas con películas de cinema, programas e series de televisión, documentais, anuncios publicitarios e reportaxes fotográficas que se queiran rodar nesta provincia.

Localizacións

  •  
    Faro de Robaleira (Cangas)
  •  
    Pazo Provincial (Pontevedra)
  •  
    Fraga de Catasós (Lalín)
  •  
    Torre de San Sadurniño (Cambados)
  •  
    Castelo de Soutomaior
  •  
    Balneario de Mondariz
  •  
    Punta Cabalo (A Illa de Arousa)
  •  
    Centro histórico de Pontevedra
  •  
    Castelo de Sobroso (Mondariz)
  •  
    Illas Cíes (Vigo)
  •  
    Mosteiro de Carboeiro (Silleda)
  •  
    Bodegas Martín Códax (Cambados)
  •  
    Pazo de Quinteiro da Cruz (Ribadumia)
  •  
    Ponte colgante de Calvelo (Cerdedo-Cotobade)
  •  
    Río Ulla (Pontecesures)
  •  
    Ruta dos Pilros (A Illa de Arousa)
  •  
    Ruinas de Santo Domingo (Pontevedra)
  •  
    Muíños do Folón e do Picón (O Rosal)
  •  
    Cemiterio de Santa Mariña (Cambados)
  •  
    Ponte de Almofrei (Cerdedo-Cotobade)

Pontevedra posúe importantes espazos e recursos naturais, patrimoniais e históricos que poden resultar localizacións e escenarios idóneos para a industria audiovisual. Ademais, posúe un microclima suave con respecto ao resto de Galicia e do norte peninsular que permite gozar dos espazos exteriores a maior parte do ano.

Ademais, conta cun gran número e variedade de establecementos hostaleiros, de aloxamento e de restauración. Atópase moi ben conectada por terra, aire e mar, a través do tren de alta velocidade que a une con Madrid, tres aeroportos (Vigo, Santiago de Compostela e O Porto) e o porto de Vigo.

Funcións

Servizos de asistencia na produción e facilitación xeral da rodaxe. 

Asistencia e asesoramento na procura de localizacións.

Colaboración para o desenvolvemento das rodaxes con entidades públicas e privadas. Intermediación con institucións de carácter público ou privado.

Creación dunha estrutura local e de colaboración municipal permanente, capaz de facilitar o traballo audiovisual de produtoras e produtores e creadoras e creadores.

Proporcionar orientación, asesoramento, información e apoio nas xestións e tramitacións necesarias para desenvolver proxectos de rodaxe audiovisual en coordinación con outras administracións municipais, autonómicas e nacionais para a tramitación dos permisos, autorizacións e documentación necesarios para realizar as rodaxes.

Apoio ás empresas de produción audiovisual que desexen rodar na provincia de Pontevedra actuando como ligazón con produtoras, empresas de servizos para a produción, empresas auxiliares e profesionais do sector audiovisual. 

Soporte ao sector audiovisual local e ás empresas da provincia de Pontevedra relacionadas con estes servizos ofrecendo información sobre empresas e profesionais locais do sector, facilitando as relacións das produtoras coas devanditas empresas, profesionais, servizos e instalacións da industria audiovisual da provincia e proporcionando asesoramento e información nese ámbito.

Apoio promocional e de difusión en medios.

Accións promocionais nacionais e internacionais en colaboración coa Spain Film Commission.

Promoción da cultura audiovisual entre a cidadanía, co obxectivo de posicionar a provincia de Pontevedra como destino cinematográfico.

Accións da Deputación

Premios Mulleres no Foco para poñer en valor o traballo das profesionais galegas no audiovisual.

Pontevedra Plató de Cinema. Patrocinios con entidades privadas do sector.

Escola de Igualdade María Vinyals. Xornada "Produtora  Executiva e Directora. Elección ou necesidade?". Data: 27/04/2022. CARTEL

Axudas

Convocatoria Pontevedra Plató de Cinema 2022.

BOE: extracto da Resolución de 19 de abril de 2022, da Dirección Xeral do Instituto de Cinematografía e Artes Audiovisuais, pola que se convocan axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España durante o ano 2022

LIGAZÓN AO CONTIDO

O obxecto destas axudas é a organización de festivais ou certames cinematográficos de recoñecido prestixio que se realicen durante o ano 2022 en España e que dediquen especial atención á programación e difusión do cine español, comunitario, iberoamericano, así como a películas de animación, documentais e curtametraxes

As beneficiarias son as comunidades autónomas e organismos e entidades delas dependentes, entidades públicas que teñan a consideración de corporacións locais e organismos e entidades delas dependentes e persoas físicas e xurídicas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 54 da Orde CUD/769/2018, de 17 de xullo, e actúen como promotores dun festival ou certame cinematográfico

As bases reguladoras están recollidas na Orde CUD/888/2021, de 5 de agosto, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a organización de festivais e certames cinematográficos en España previstas no artigo 32 da Lei 55/2007, de 28 de decembro, do cine: 

LIGAZÓN

O importe total desta convocatoria para o ano 2022 ascende á cantidade de 1.353.900 euros e a contía individual non poderá superar o 50 % dos gastos subvencionables e o importe máximo da axuda será de 150.000 euros

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles a partir do día seguinte da publicación deste extracto no Boletín Oficial do Estado (23 de maio de 2022).

En relación con esta convocatoria podedes atopar toda a información dispoñible e os formularios descargables na seguinte ligazón do Ministerio de Cultura e Deporte: 

LIGAZÓN

Tal e como sinala o artigo 6.2.e) das bases reguladoras destas axudas, inclúese a posibilidade de que o IVE sexa subvencionable cando non sexa susceptible de recuperación ou compensación.

Comisións audiovisuais municipais

Pontevedra Film Comission

Casa da Luz, Praza da Verdura s/n

36002-Pontevedra-Spain

Teléfono:+34 986 100 185 ext 7465

Mail: mlopez@pontevedra.eu

Web: http://www.pontevedrafilmcommission.com

Vigo Film Office

Fundación Vigo Convention Bureau (Avenida de Beiramar, 57)

36202 Vigo

Teléfono: 986.487.118

Mail: info@vigocb.org/ comunicacion@vigocb.org
Vigo Film Office

Web: www.vigofilmoffice.com

Ordenanzas reguladoras sobre rodaxes

Noticias

«Un hombre de acción», a película de atracos que converte Vigo en París (17/11/2022)

As principais produtoras de EE UU, Reino Unido e Alemaña percorrerán ata o mércores a provincia nun Fam Trip impulsado pola Pontevedra Provincia Film Commission (21/10/2022)

Empeza en A Guarda a rodaxe da 2ª tempada de ‘Los Enviados’, protagonizada por Miguel Ángel Silvestre (6/10/2022)

Jaione Camborda grava en Arousa "O corno", a súa segunda película (28/9/2022)

Todo listo para a gran gala da II edición dos premios "Mulleres no foco", que terá lugar o 30 de setembro en Pontevedra (16/9/2022)

A serie 'Un asunto privado', rodada en Vigo, nominada á Sección Oficial do Festival de Televisión de Monte-Carlo (3/5/2022)

O Balneario de Mondariz, estudio de cinema para a rodaxe da película sobre Emilia Pardo Bazán (24/3/2022)

TVG estrea o vindeiro mércores en televisión a película “María Solinha”, rodada nas Rías Baixas (16/2/2022)

Forcarei acolle a rodaxe dunha película para Netflix (28/11/2021)

Alfonso Zarauza retratará a alma da cidade de Pontevedra (8/11/2021)

Pontevedra, set de rodaxe para a historia de Ramona (2/10/2021)

Netflix convirte as rúas de Vigo nun plató dos anos 50 (13/9/2021)

Contacto

Turismo Rías Baixas

Palacete de las Mendoza, Plaza de Santa María s/n

36071-Pontevedra-Spain

Teléfono: 886 211 720

Mail: filmcommission@depo.es