Ir o contido principal

Santuario de Nª Sra. de Peña de Francia

Ciudad máis próxima:

Vigo

Máis información sobre
A Cañiza

Parada das Achas (Santiago)
36887 A Cañiza Pontevedra
España

O 10 de novembro de 1753 falecía Diego Rodríguez, veciño da feligresía de Parada de Achas que pouco antes outorgara testamento ante José de Novoa y Sampayo, escibano real da súa Maxestade Fernando VI, con residencia en San Miguel de Cequeliños. O citado testador, dixo entre outras cousas que si se construise a Capela da Nosa Señora da Peña, na feligresía, deixaría para sempre os rendimentos que producise cada ano, e un pedazo de monte que tiña en Anduriña. Nos vindeiros anos a fermosa capela mantivose grazas ás colleitas de frutais, centeo, viño e demáis cereais que nos campos legados se cultivaban. Se as colleitas non eran fructíferas, os carballos plantados nos montes asegurarían tal condición. No ano 1756 rematouse a capela, pero a imaxe da Virxe da Peña de Francia xa chegara dende a cidade de Lisboa o 8 de agosto de 1752, por uns mariñeiros que libraran tormentas e outros males do mar grazas á Virxe. A partir dese intre, ano tras ano, no mes de setembro honrase con solemnidades relixiosas e festas á Virxe
Máis información sobre
A Cañiza
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Data del año 1756
Corpo responsable
Diócesis Tui-Vigo
Estado conservación
Ben