Laguna de Mina Mercé
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Campaña (Santa Cristina)
36647 Valga Pontevedra
España
Teléfono
A mina Mercé, tamén coñecida coma lagoa de Santa Cristina, ten a súa orixe na explotación a ceo aberto de material fino, con destino á fabricación de ladrillo. Ocupa unha superfice de case 4 ha e unha profundidade de case 20 m no centro. É quizais a máis extensa da provincia de Pontevedra. Unha vez finalizada a actividade extractiva, a finais do século XX, as augas subterráneas e a choiva comezaron a inundar a superficie escavada ata configurar o seu aspecto actual. A lagoa foi colonizada por plantas e animais propios de ambientes palustres, reconverténdose de forma natural nunha zona húmida.
Na actualidade a lagoa é un exemplo do impacto ambiental reconvertido nun ecosistema de interese ecolóxico, susceptible de protección. Ó seu redor acondicionouse un paseo de 900 metros, cunha zona de merendeiro, un parque biosaudable e un pantalán flotante. Ademais, converteuse nun couto de pesca sen morte, no que a especie protagonista é a troita e no que unicamente se utiliza mosca artificial e culleriña cun só anzol e sen arponciño.
No perímetro da lagoa esténdense casas e leiras e algunhas fábricas, que antigamente extraían arxila deste espazo
Valora este recurso
Corpo responsable
Concello de Valga
Dimensións
3,5 hectáreas
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Fluvial
Estado conservación
Ben