Ir o contido principal

Iglesia monacal de Santa María de Oia

Ciudad máis próxima:

Vigo

Máis información sobre
Oia

Rúa do Párroco Don Claudio Rodal Fandiño, 5
36794 Oia Pontevedra
España

Teléfono
A igrexa monacal de Santa María de Oia, actual igrexa parroquial, data de finais do século XII e principios do século XIII, e caracterízase pola ausencia de elementos ornamentais, característico da austeridade da Orde do Císter. O templo posúe cruz latina, con tres naves en forma de T e unha nave de menor altura que forma a cruz. A nave central é a de maior altura e está cuberta con bóvedas de cañón apuntado, e finaliza na capela central. No século XVI constrúese o coro e a sacristía coas súas singulares bóvedas planas e nervios curvos, obra de Bartolomé de Hermosilla. Sobre o arco de ingreso á cabeceira presenta unhas pinturas que representan ó rei Alfonso VII e ó seu fillo D. Sancho, así coma os escudos das ordes militares. A fachada actual data do século XVIII e consta de dous corpos: o inferior que posúe no centro unha sinxela portada con hornacina para a imaxe da Virxe, e no corpo superior o escudo do Mosteiro finalizando cun frontón triangular. Do século XVIII data tamén a torre barroca erguida sobre a sacristía, para sustituir o antigo campanario
Máis información sobre
Oia
Valora este recurso
Figuras de protección
Ben de Interese Cultural (BIC)
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Marítimo
Estado conservación
Ben