Iglesia de Santa Uxía de Mougás
Ciudad máis próxima:
Vigo
36309 Mougás Pontevedra
España
Teléfono
É unha parroquia que se localiza no Concello de Oia. Así nesta parroquia apareceu a chamada "Pía de Mougás", unha pedra labrada cunha inscrpción latina que falaba de sacrificios, que actualmente se conserva no Museo de Pontevedra. Ademais existen varios castros prerromanos e diversos petróglifos, destacando ou conxunto de "Cabeciña".
A igrexa parroquial, situada nun lugar destacado e orientada seguindo os parámetros establecidos, (fachada cara ao oeste, representando o ocaso e morte; e o altar maior ao leste, representando nacemento do sol e a vida),é un lugar onde se atoparon unha lauda prerrománica e unha talla de madeira gótica que representa á Virxe co Neno, conservada no Museo de Pontevedra. A igrexa orixinal de estilo románico data do ano 1137, pero non se conserva ningún resto. A actual igrexa erguiuse en 1698, e foi reformada no 1840 polo mestre tudense Xosé Areal.
Templo de planta rectangular dividido en tres naves con arcos de medio punto sobre pilastras e ábsida cuadrangular. Conserva catro retablos de estilo barroco do século XVIII
Valora este recurso
Estilo arquitectónico
Popular
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Marítimo
Cronoloxía
1619
Corpo responsable
Diócesis de Tui-Vigo
Estado conservación
Ben