Fiesta del Vino Tinto Rías Baixas
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vigo
Casco urbano de As Neves (Santa María)
36440 As Neves Pontevedra
España
Teléfono
Festa enogastronómica na que se enxalza o afamado viño tinto producido principalmente na parroquia de Rubiós, considerado como un dos mellores de toda a Denominación de Orixe Rías Baixas. A data de celebración está fixada para o segundo fin de semana do mes de xullo. En en 2016 contou con viños tintos de todas as subzonas da Denominación de Orixe Rías Baixas, o que fai que esta festa sexa única xa que ofrece a posibilidade de atopar moitos dos viños tintos existentes reunidos nun único espazo, algo que só ocorre nesta localidade e especialmente nesta celebración. Son varios os elementos innovadores que se presentaron este ano, como as Food truck, tamén chamadas gastronetas ou camións resturante, que chegaron ao noso municipio supondo un atractivo complemento á oferta tradicional de hostalería. Tamén, se celebraó a primeira edición da Ruta Pico Rías Baixas, do 01 de xullo ao 08 de xullo, nos diferentes establecementos locais, nos que se puido gozar dun viño tinto con D.Ou acompañado dun petisco a un prezo pechado, os clientes participantes entraron ademais nun sorteo dun premio. O túnel do viño, tamén comezou a celebrarse nesta edición, supondo outro complemento para os amantes do viño. Ademais realizouse unha cata maridaxe popular, para os menos profesionais pero apaixonados por este mundo. Así mesmo, a realización dunha cata profeisonal a cargo de Pedro Ballesteros, foi outro dos grandes atractivos da festa, posto que é unha das personalidades máis recoñecidas dentro do mundo do viño mesmo a nivel mundial, sendo Ingeniero Agrónomo e Master enViticultura e Enoloxía, Funcionario da Unión Europea e o único Mater of Wine español . Múltiples actividades déronse cita ao longo de toda a semana, como unha representación teatral, diversas actuacións de grupos musicais, actuación da banda de música, o pregón dun mestre de viticultura e enoloxía nun instituto da zona, actividades infantís, etc
Valora este recurso
Fecha de celebración
Inicio:
10/07/2025
Fin:
13/07/2025
Lingua
Gallego
Español
Aparcamento
Si. Libre
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Corpo responsable
Concello As Neves