Ir o contido principal

Cruceiro y Peto de ánimas de Sanxenxo

Ciudad máis próxima:

Pontevedra

Máis información sobre
Sanxenxo

Rúa Madrid, Padriñán
Sanxenxo Pontevedra
España

Teléfono
Cruceiro de plataforma de planta cadrada con tres chanzos, aínda que hoxe están soterrados sendo só un parcialmente visible. Ten un pedestal cúbico de arestas rebaixadas. O varal é octogonal sendo o comezo de planta cadrada. Na súa base, no anverso, amosa un pequeno peto de animas cunha escena na que se amosa a Cristo na Cruz e a Santa María e San Xoán aos seus pés. Na altura media do varal vénse tres santiños: no anverso, San Xosé coa vara de lirio e o meniño Xesús, na beira dereita a San Antonio Abade co báculo e libro de constitucións, e un terceiro santo sobre unha peaña que non fun quen de recoñecer. O capitel é composto, con querubíns entre as volutas, e caveira sobre tibias no anverso respectando a disposición tradicional. A cruz ten brazos de arestas rebaixadas excepto nos remates que son de planta cadrada. No anverso atopamos a Cristo pendurado da cruz, coa cabeza que cae cara adiante e ao seu lado dereito. Nunha beira, San Francisco recolle o sangue do costado de Cristo nun Cáliz. No reverso da cruz, vemos a Virxe Santa María na súa advocación do Socorro. É de destacar o traballo de labra no rostro, no que se perfilan rasgos de forma precisa e moi fina. No seu brazo esquerdo sosteñe ano neno Xesús coroado, mentres que na súa man dereita alzada, sosteñe unha vara para espantar ao diaño que fica aos seus pes, mentres un pequeno meniño, trepa pola súa saia, fuxindo espavorecido do diaño
Máis información sobre
Sanxenxo
Valora este recurso

O tempo nesta zona

Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Cronoloxía
Edad Moderna
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben