Cruceiro del baldaquino de A Franqueira
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vigo
A Franqueira (Santa María)
A Cañiza Pontevedra
España
Teléfono
Cruceiro situado baixo unha estrutura a xeito de baldaquino.
O cruceiro, de recente factura (ano 2011), nace sobre un chanzo cadrado coas arestas rebaixadas. A súa base, co mesmo formato, posúe unha inscrición co nome do construtor e a data de feitura. O seu varal comeza en sección cadrada para seguir en octogonal. Na súa parte media vemos unha imaxe da Virxe co Neno no colo.
O capitel, decorado con follas e volutas, soporta unha cruz de sección cilíndrica na que aparecen as imaxes de Cristo crucificado baixo cartela de INRI no anverso, e a Virxe coas mans entrelazadas sobre peaña no reverso.
O baldaquino está feito a base de cadeirado granítico. Nos seus catro lados podemos ver arcos de medio punto. O conxunto remata nunha cuberta con forma de cúpula e cruz pétrea no cume.
Esta construción, do ano 1953, se realizou co gallo da coroación da imaxe da Franqueira segundo reza unha placa de mármore
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Cronoloxía
Siglo XX
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben