Cruceiro del Avalaido
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Pontevedra
Lugar de Sobreiro, San Martiño de Xustáns
Ponte Caldelas Pontevedra
España
Teléfono
O cruceiro levántase sobre unha plataforma de tres banzos, moi ben conservados, con acceso por dous lados, debido a que os outros dous están recheos de pedra e terra que se foi acumulando.
No centro do corpo superior da plataforma, está colocado o pedestal tronco piramidal de arestas vivas, con esquinas un pouco estragadas.
A columna empeza en sección cadrada e pasa, en pouco treito, a octogonal; un bocel entre dous estreitos filetes marca o paso a cilíndrica ata o final.
O capitel é prismático, cos bordos en ábaco lixeiramente curvos. Das esquinas superiores baixan dous molduras, que terminan en espiral nas inferiores e encadran as caras do capitel.
A cruz é de sección rectangular, con brazos longos e arestas matadas ata pouco antes do remate. os extremos dos brazos presenta un lixeiro debuxo de tipo floral. O testeiro, curto, termina facendo catro saíntes e coa cartela de INRI.
O Cristo ten a cabeza virada sobre o ombreiro dereito. Aínda que moi desgastada, apréciase a coroa, pero non se pode dicir o mesmo das faccións da cara.
A virxe repousa na cabeza dun anxo. A cara, case circular e completamente desgastada, vese entre o manto e unha peza do traxe
Valora este recurso
O tempo nesta zona
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Necesidade rehabilitación