Cruceiro de Fontiña
Transportes máis próximo:
Ciudad máis próxima:
Vilagarcía de Arousa
Arcos da Condesa (Santa Mariña) Pontevedra
España
Teléfono
Este elemento arquitectónico foi trasladado en varias ocasións, o primeiro lugar foi no lugar de Fontiñas, onde tamén existía unha antiga presa de auga. Nos anos 60 foi arranxado o vello camiño da aldea poñendo pedra con morteiro no camiño e o cruceiro foi trasladado enriba da fonte e con el tamén a presa. Nos derradeiros anos, ao sanear a fonte, volveu ser trasladado e agora preside o lavadoiro e a presa de auga de rego das hortas do enxido.
A base do cruceiro é o mesmo muro da presa e lavadoiro, sendo esta cúbica con dúas molduras e bocel superior. O varal octogonal ten dúas figuras, unha delas representa a San Antonio de Padua, (ten amputada a cabeza suponse por mor dos traslados) e San Martiño. Coróase cun capitel cadrado con molduras onde se apoia a cruz. No fronte amósase a figura de Cristo con tres cravos, mans pechadas, nó do pano de pureza no centro e o pé dereito por riba do esquerdo, todo baixo cartel de INRI. Detrás, imaxe da Virxe das Dores sobre nube e cuberta cun manto
Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Rural
Cronoloxía
Edad Moderna (XVI-XVIII)
Propiedade
Público
Estado conservación
Ben