Ir o contido principal

DESCUBRIR

Cruceiro de ánimas del convento

  • Imaxe
    Cruceiro de ánimas del convento

O tempo nesta zona

Lugar de Trasponte
Cuntis Pontevedra
España

Máis información sobre
Cuntis
Cruceiro que nace sobre tres grosos chanzos coas arestas rebaixadas. A súa base aparece decorada con caveiras nos vértices e unha serpe. A continuación o varal, de sección octogonal que perde corpo a medida que sube. No capitel, profusamente decorado, podemos ver tres cabezas de anxos. O conxunto remata nunha cruz de sección cilíndrica na que podemos ver as imaxes de Cristo crucificado no anverso, e a Dolorosa cunha espada cravada no peito no reverso. O peto de ánimas, de tipo aberto, aparece pegado ao cruceiro. Nel podemos ver un retablo con varias imaxes entre as que destacan a pomba do Espírito Santo, San Francisco e a Virxe. Na parte baixa aparecen cinco almiñas, unha delas con cordón. O retablo, que no pasado estivo policromado, posúe unhas inscricións hoxe ilexibles. Aos pés do retablo podemos ver o caixón das esmolas. Este elemento etnográfico atópase no adro do Convento de San Bieito de Pereira de Cuntis
Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Valora este recurso
Interese paisaxístico do medio ambiente
Moderado
Descrición do medio ambiente
Urbano
Estado conservación
Ben