Campus da Universidade de Vigo
Pontevedra
Carretera de Marcosende, 1
36310 Vigo Pontevedra
España
Durante o últimos corenta anos o Campus da Universidade de Vigo, na parroquia de Zamáns, converteuse nun referente da arquitectura contemporánea grazas á obra de arquitectos destacados coma Alfonso Penela, Enric Miralles e Desiderio Pernas.
O Colexio Universitario de Vigo (CUVI), fundado en 1977, dependía da Universidade de Santiago de Compostela e foi impulsado pola Caixa de Aforros Municipal de Vigo. Desta época é o edificio da Facultade de Filoloxía, deseñado por Desiderio Pernas, onde prima a funcionalidade educativa.
En 1990, coa independencia da Universidade de Vigo, iniciouse unha fase de expansión arquitectónica. Enric Miralles e Benedetta Tagliabue deseñaron un aulario, unha zona comercial e unha praza para unificar o campus, ata entón disperso. Pola súa banda, Alfonso Penela foi responsable do edificio da Facultade de Económicas e Empresariais en 1991, integrando a contorna natural coa estrutura. Outros edificios reeñables son a Biblioteca Central, obra de Pilar Díez e Alberto Noguerol, finalista do Premio de Arquitectura Española en 2002, e a Escola de Minas e Telecomunicacións, deseñada por César Portela, Gabriel Santos Zas e César Padrón.
O tempo nesta zona