Ir o contido principal

Antigua Azucarera de Portas

Ciudad máis próxima:

Vilagarcía de Arousa

Máis información sobre
Portas

Rúa Estación, Santa María de Portas
36658 Portas Pontevedra
España

A antiga fábrica de azucre de Portas foi unha das grandes iniciativas industriais de capitalistas galegos a principios do século XX.   A Sociedade Azucreira Galega de Portas constituíuse na Coruña o 19 de febreiro de 1899, e a primeira pedra da fábrica foi colocada o 4 de xuño dese mesmo ano. En decembro de 1899, concederon á Sociedade Azucreira Galega un ramal de vía de ferrocarril para enlazar a fábrica con outras estacións ferroviarias.   As grandes dimensións da fábrica estaban culminadas por unha cheminea de 65 metros de altura, e dotada de enxeñería alemá.  Comezou a funcionar o 20 de outubro de 1900, pero a súa produción fracasou pola incapacidade de abastecemento e pola evolución do mercado, e finalmente pechou no ano 1903.   Actualmente, esta edificación converteuse nun impresionante miradoiro ao val do Salnés. O edificio rehabilitouse para o uso público: auditorio, gardería, centro de terceira idade, ludoteca, sala de exposicións e conferencias
Máis información sobre
Portas
Valora este recurso
Aparcamento
Si. Libre
Interese paisaxístico do medio ambiente
Elevado
Descrición do medio ambiente
Rural
Propiedade
Público
Estado conservación
Excelente