As visitas aos portais da Deputación de Pontevedra realízanse de forma anónima.
Os usuarios só deberán facilitar os seus datos persoais para poder acceder a servizos nos que sexa necesario un procedemento ou formulario específico para a súa prestación. En ningún caso esta información será tratada ou cedida a terceiros sen o consentimento inequívoco da persoa afectada.
Estes datos incorporaranse ao rexistro de actividades de tratamento de datos de carácter persoal da Deputación de Pontevedra e xestionaranse para a súa finalidade específica, de acordo coa normativa básica de protección de datos, e serán utilizados, única e exclusivamente, para os fins previstos. pois no procedemento ou actuación de que se trate.
O prazo de conservación dos datos dependerá do que se especifique para cada tratamento e estes cediranse, no seu caso, só co consentimento previo da persoa interesada ou de conformidade co disposto na citada lexislación.
As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou revogar o consentimento segundo o previsto en https://depo.gal/proteccion-de-datos/exercicio-de-dereitos. Así mesmo, os interesados tamén teñen dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.
Para máis información e contactar co delegado de protección de datos: https://www.depo.gal/proteccion-de-datos